sábado, 1 de diciembre de 2007



1 DE DECEMBRO
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA

O día mundial da loita contra a SIDA, conmemórase o 1 de decembro de cada ano, e dedícase a dar a coñecer a epidemia da SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. O día 1 de decembro foi elixido debido a que o primeiro caso de SIDA diagnosticouse neste día en 1981.Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, facéndoa unha das epidemias máis destrutivas da historia rexistrada. A pesares de que existe un maior acceso e téñense mellorado o tratamento antiretroviral e o coidado en moitas rexións do mundo, a epidemia da SIDA custou aproximadamente 3,1 millóns (entre 2,8 y 3,6 millóns) de vidas no 2005 das cales, máis de medio millón (570.000) eran nenos.

O concepto de dedicar un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse na Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi tomado por gobernos, organizacións internacionais e de caridade ao redor do mundo. Desde 1988 ata 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (ONUSIDA), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á Campaña Mundial contra a SIDA (WAC, World AIDS Campaign), unha organización independente. Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: "Paren a SIDA: cumpran a promesa" (Stop AIDS: Keep the Promise), que estará vixente ata o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a SIDA, senón tamén para os labores que la WAC fai durante o ano.







Ao longo de 2007 uns 2,5 millóns de persoas téñense infectado polo VIH, segundo os datos do último informe de ONUSIDA. O tratamento antirretroviral segue sen chegar a todos os que o precisan –tan só un 28% dos seropositivos no mundo recibe a terapia- e máis da metade dos afectados ignoran que teñen o virus. Para mellorar estas cifras, a Campaña Mundial da SIDA (WAC, segundo as súas siglas en inglés) decidiu apelar ao liderado de todos

O lema elixido para celebrar o Día Mundial da SIDA deste ano é 'Asume o liderato', unha frase coa que a Campaña quere facer fincapé na necesidade de que os líderes mundiais e os gobernos se responsabilicen das súas promesas respecto á SIDA.







-------------------------------------------------------------------------------------


A lendaria banda británica Queen, elixida este mes como o mellor grupo de rock de todos os tempos, anunciou que lanzará esta fin de semana un tema de descarga gratuíta por Internet como parte da campaña polo Día Mundial contra a Sida. O grupo tomou a decisión, 17 anos despois de que o vocalista de Queen, Freddie Mercury, morrera como consecuencia desa enfermidade. A canción "Say It's Not True" (Di que non é certo) foi escrita polo batería Roger Taylor en 2003, e inclúe na voz ao cantante de Free, Paul Rodgers. O tema fala da enfermidade da SIDA e a loita para erradicala, e foi creada logo que a banda fora nomeada embaixadora especial da iniciativa global de Nelson Mandela 46664 IVH/SIDA. "Ao facer que esta canción poida ser descargada gratuitamente por Internet esperamos axudar a Nelson Mandela coa súa campaña, que busca enviar a mensaxe de que ninguén está libre da infección", declarou Taylor. "Temos que estar en coñecemento sobre este tema, protexernos e protexer a aqueles que amamos. Este tema segue a liña da mensaxe persoal de Mandela: Está nas nosas mans deter este flaxelo", agregou.

Taylor informou que a canción poderá descargarse sen cargos a partir deste sábado, o Día Mundial contra a SIDA, dos sitios de Internet http://www.queenonline.com ou http://www.46664.com




-------------------------------------------------------------------------------------




Johannesburgo convertirase hoxe 1 de decembro na cidade de referencia da loita mundial contra a SIDA. Máis de 25 artistas internacionais, da talla de Annie Lennox, Peter Gabriel ou Corinne Bailey Rae, encabezarán un cartel deseñado cun único obxectivo: recadar fondos para promover a loita contra a maior das pandemias en África. Coa música como vehículo clave de transmisión de mensaxes, o concerto reunirá a algúns dos Embaixadores máis destacados da Campaña 46664 e incorporará caras novas, como é o caso de Jamelia o Ludacris. Ademais, o concerto contará con la participación de 40 dos artistas surafricanos máis coñecidos do país.
Este encontro musical entre artistas tan dispares, o quinto dos que levou a cabo a Fundación a través da sús Campaña 46664, terá lugar no estadio Ellis Park, un auténtico símbolo en Sudáfrica da unidade do país e pretende reunir a máis de 50.000 persoas. Xente que, máis alá de asistir a un concerto, colaborará coa compra da súa entrada para os múltiples proxectos que a Campaña 46664 leva a cabo en diversos lugares de África.
Este concerto é o primeiro dos que, no sucesivo, se levarán a cabo sempre con data 1 de decembro en diferentes cidades do mundo. Unha iniciativa que comeza en Sudáfrica, alma mater da Fundación Nelson Mandela, e que pretende trasladarse anualmente de cidade en cidade, continente a continente, para levar unha mensaxe clave: poñer fin á SIDA está nas nosas mans.







Máis información en http://www.46664.com













3 comentarios:

blogueiro dijo...

Un absoluto placer facer desta entrada... A SAÍDA!!!

Tremenda, Bego... un traballo sensacional. Coma eu sei o que custa... estou seguro que todo iso foi un curro da ostia.

Moi ben feito. Realmente atopei a explicación... de que en Madrid este fin de semana houbera un grandísimo lazo vermello no arco central da porta de Alcalá!!.

fotos, video, texto!!! Fenomenal todo. MATRÍCULA CUM LAUDE na licenciatura coma BLOGUEIRA!!.

Blogueira dijo...

Graciñas. Leva o seu tempo, pero prefiro facer isto a ver o que hai na tv durante a fin de semana (aínda que a miña nai pensa que estou "enganchada").
Moito tempo pasa ultimamente pola capital (ui, ui, ui,...) Agardo que fora todo ben ("esgrimisticamente" falando)por alí.

O diploma coa cualificación MATRICULA CUM LAUDE, ¿mándanma á casa ou teño que ir buscala a algún organismo oficial? ¿Supón algún tipo de bolsa ou aportación económica?

xose pi dijo...

creo que o diploma, vai no mesmo viaxe que os euros que gañaches nos concursos!!! Creo que o están facendo os teus amigos!!! Como tardan tanto coma fan comentarios, pois xa sabes... Ánimo, je,je.

O de madríd, unha merda. Kaos, desorganización... a peor competi da miña vida, polo trato recibido, todos os tiradores/as.

Levanteime ás 6:50... e logo, dende as 8h que chegamos ao zulo da federacion española de esgrima, ata as 19h que larguei... xa ves, logo queixanse os futbolistas que se cansan moito. Bah!!!

Non volvo a isa merda de competi. Agora imos comezar a "tempada" portuguesa, en Lisboa: un par de competis, xaneiro e febreiro, logo logroño e burgos... e xa ta ben de tanto paseiño!!!

Estou de acordo en que o asunto engancha... eu antes me tiraba no sofá e quedaba durmido, agora xa nin prendo a tele, e vou pa cama a súa hora!! Ou casi!!

saudiós.

TIC TAC, TIC TAC