ANIVERSARIO DE JUAN
(2ª parte)
Eu si sabía que regalarlle ó meu curmán favorito (aparte do prometido DVD): unha entrada neste blog. Pero Pi adiantóuseme.
Eu si estiven presente no soprido das candeas (enrealidade unhha cánula nun gin-tonic). Pero non había cámara de fotos para immortalizar ese momento. ¿Onde está Pi cando o precisas?
Pero coma o prometido é débeda, e aínda que digan que as segundas partes sempre son peores (agás no caso de El Padrino); aí vai a miña colaboración para a celebración do 38 aniversario de Juan.
Todo comezou un día 20 de outubro de 1.969 no desaparecido sanatorio de San Lourenzo. Aquel luns naceu un neno que recibiu o nome de Juan Ángel, en honor ó seu pai e ó seu avó.

Maio de 1971, á tenra idade de 18 meses, xunto con .... ¡Premio para quen acerte!
Juanagito, perdón, Juan crecía rodeado do amor dos seus pais, as súas irmáns e os seus curmáns. Con todos eles compartía xogos, festas ( aínda sen alcool de por medio):

Primeira Comunión de Lelo. Terraza da casa da avoa.
Tamén ía de excursión coas súas irmáns e cos seus primos:

Agosto de 1.980. Facéndolle unha visita a Fonso
E xa alí comezaba a estreitar a relación co seu primo maior:

Os anos foron pasando. O neno converteuse nun bo mozo, que era o fillo favorito, o neto preferido, o irmán máis querido ..... (sen desmerecer as súas irmáns, é que el era o único varón). Pero foi precisamente a través de Fonso que a súa vida mudou, e comezou a rodearse de xentes estrañas:
Con travestis e homes coa cabeza nos pes

Con xente violenta que non dá a cara
¡Dándolle ao porrón!
Aínda que non o pareza algúns están en panos menores
Pero un día Juan descubriu a "relixión madereira" na FINSA e a súa vida cambiou de novo. Tomou novos hábitos e aficións:
- comezou a ler "tochos" deste tipo ( de máis de 700 páxinas)

- déuselle por facerse carpinteiro e poñerse a facer mobles
- deixou a Estrella galega pola Gin inglesa, pero non lle fai desaires a un Ribera del Duero ou a un Mencía

- comezou a vestir de marca
- e tirábase ao monte a camiñar (só agardo que atopara o que andaba a buscar)

Pero non vos preocupedes demasiado, porque a súas aficións principais seguen intactas:* as cuchipandis, ceas, churrascadas, ... e a siesta posterior
* a música en xeral, e o seu amadísimo STATUS QUO

* a súa adorada MÓNICA BELLUCCI 
* e por suposto OS SEUS AMIGOS




¡FELICES 38! (e unha semana)
Agardamos pasar contigo outros tantos