Quero aproveitar esta derradeira entrada para dar as grazas, en primeiro lugar, a PI ( o noso propio director - e actor ocasional- de "Mestre Mateo") por terme invitado a participar neste blog, e por abrirme as portas a un mundo novo e descoñecido que me ten atrapada; así como polos seus comentarios de ánimo e as súas entradas "dedicadas". MOITÍSIMAS GRAZAS
Grazas a todos os que teñen participado no blog , especial mención para FREDDY, non só a través dos comentarios senón tamén aportando ideas, opinións, fotos, e-mails... MOITAS GRAZAS
E grazas (aínda que menos) a todos eses que nos visitaron e que non se atreveron a escribir (ou que non saben). Non vou dicir máis do que Lelo e Pi expresaron nas súas entradas.
Pola miña banda, foi un pracer traballar neste proxecto, aínda que fracasara (non sería porque nós non o intentásemos).
Non perdo as gañas de seguir desfrutando deste mundo (aínda que me quite tempo doutras cousas) e non tiro a toalla. Se deus ou o demo queren, seguirei con outro blog pola rede (soa ou en compañía doutros - en realidade, espero que dos mesmos-).
BICOS a TODAS e TODOS
THE END
This is the end, beautiful friend. This is the end ,my only friend, the end. Of our elaborate plans, the end. Of everything that stands, the end . No safety or surprise, the end. I'll never look into your eyes...again
The Doors; BSO Apocalypse Now











