Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de diciembre de 2007



1 DE DECEMBRO
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA

O día mundial da loita contra a SIDA, conmemórase o 1 de decembro de cada ano, e dedícase a dar a coñecer a epidemia da SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. O día 1 de decembro foi elixido debido a que o primeiro caso de SIDA diagnosticouse neste día en 1981.Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, facéndoa unha das epidemias máis destrutivas da historia rexistrada. A pesares de que existe un maior acceso e téñense mellorado o tratamento antiretroviral e o coidado en moitas rexións do mundo, a epidemia da SIDA custou aproximadamente 3,1 millóns (entre 2,8 y 3,6 millóns) de vidas no 2005 das cales, máis de medio millón (570.000) eran nenos.

O concepto de dedicar un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse na Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi tomado por gobernos, organizacións internacionais e de caridade ao redor do mundo. Desde 1988 ata 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (ONUSIDA), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á Campaña Mundial contra a SIDA (WAC, World AIDS Campaign), unha organización independente. Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: "Paren a SIDA: cumpran a promesa" (Stop AIDS: Keep the Promise), que estará vixente ata o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a SIDA, senón tamén para os labores que la WAC fai durante o ano.







Ao longo de 2007 uns 2,5 millóns de persoas téñense infectado polo VIH, segundo os datos do último informe de ONUSIDA. O tratamento antirretroviral segue sen chegar a todos os que o precisan –tan só un 28% dos seropositivos no mundo recibe a terapia- e máis da metade dos afectados ignoran que teñen o virus. Para mellorar estas cifras, a Campaña Mundial da SIDA (WAC, segundo as súas siglas en inglés) decidiu apelar ao liderado de todos

O lema elixido para celebrar o Día Mundial da SIDA deste ano é 'Asume o liderato', unha frase coa que a Campaña quere facer fincapé na necesidade de que os líderes mundiais e os gobernos se responsabilicen das súas promesas respecto á SIDA.







-------------------------------------------------------------------------------------


A lendaria banda británica Queen, elixida este mes como o mellor grupo de rock de todos os tempos, anunciou que lanzará esta fin de semana un tema de descarga gratuíta por Internet como parte da campaña polo Día Mundial contra a Sida. O grupo tomou a decisión, 17 anos despois de que o vocalista de Queen, Freddie Mercury, morrera como consecuencia desa enfermidade. A canción "Say It's Not True" (Di que non é certo) foi escrita polo batería Roger Taylor en 2003, e inclúe na voz ao cantante de Free, Paul Rodgers. O tema fala da enfermidade da SIDA e a loita para erradicala, e foi creada logo que a banda fora nomeada embaixadora especial da iniciativa global de Nelson Mandela 46664 IVH/SIDA. "Ao facer que esta canción poida ser descargada gratuitamente por Internet esperamos axudar a Nelson Mandela coa súa campaña, que busca enviar a mensaxe de que ninguén está libre da infección", declarou Taylor. "Temos que estar en coñecemento sobre este tema, protexernos e protexer a aqueles que amamos. Este tema segue a liña da mensaxe persoal de Mandela: Está nas nosas mans deter este flaxelo", agregou.

Taylor informou que a canción poderá descargarse sen cargos a partir deste sábado, o Día Mundial contra a SIDA, dos sitios de Internet http://www.queenonline.com ou http://www.46664.com




-------------------------------------------------------------------------------------




Johannesburgo convertirase hoxe 1 de decembro na cidade de referencia da loita mundial contra a SIDA. Máis de 25 artistas internacionais, da talla de Annie Lennox, Peter Gabriel ou Corinne Bailey Rae, encabezarán un cartel deseñado cun único obxectivo: recadar fondos para promover a loita contra a maior das pandemias en África. Coa música como vehículo clave de transmisión de mensaxes, o concerto reunirá a algúns dos Embaixadores máis destacados da Campaña 46664 e incorporará caras novas, como é o caso de Jamelia o Ludacris. Ademais, o concerto contará con la participación de 40 dos artistas surafricanos máis coñecidos do país.
Este encontro musical entre artistas tan dispares, o quinto dos que levou a cabo a Fundación a través da sús Campaña 46664, terá lugar no estadio Ellis Park, un auténtico símbolo en Sudáfrica da unidade do país e pretende reunir a máis de 50.000 persoas. Xente que, máis alá de asistir a un concerto, colaborará coa compra da súa entrada para os múltiples proxectos que a Campaña 46664 leva a cabo en diversos lugares de África.
Este concerto é o primeiro dos que, no sucesivo, se levarán a cabo sempre con data 1 de decembro en diferentes cidades do mundo. Unha iniciativa que comeza en Sudáfrica, alma mater da Fundación Nelson Mandela, e que pretende trasladarse anualmente de cidade en cidade, continente a continente, para levar unha mensaxe clave: poñer fin á SIDA está nas nosas mans.







Máis información en http://www.46664.com













martes, 20 de noviembre de 2007

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA ( e II)

Para commemorar este Día Internacional da Infancia cun pouco de humor:



UN CHISTE GRÁFICO
:




UNHA FOTO: (dedicada aos futuros pais da Peña)


UN VIDEO: (dedicado a Pitu- co permiso de Eva)

E UN POWER POINT:



DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou instituír en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo.
O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por isto, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

Xa transcorreron máis de dez anos desde que se aprobou dita Convención e todos os países do mundo (agás Estados Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así no instrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.

Con todo, sabemos que desgrazadamente se seguen violando diariamente os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, todas as institucións públicas e privadas, por unha banda, e a sociedade civil, pola outra, deben responder a este reto e seguir loitando para que a Convención se converta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo. Para esta mobilización de toda a sociedade, tanto nacional como internacional, segue sendo unha prioridade o artigo 42 de dita Convención, que compromete aos Estados Partes
’a dar a coñecer ampliamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto aos adultos coma aos nenos’.





O Preámbulo da Convención sobre os Dereitos do Neno lembra:
- os principios fundamentais das Nacións Unidas e as disposicións precisas dalgúns tratados e declaracións relativos aos Dereitos Humanos;
- reafirma a necesidade de proporcionar aos nenos coidado e asistencia especiais en razón da súa vulnerabilidade;
- suliña de xeito especial:
1. a responsabilidade primordial da familia polo que respecta á protección e á asistencia;
2. a necesidade dunha proteción xurídica e non xurídica dos nenos;
3. a importancia do respecto dos valores culturais da comunidade do neno ou da nena;
4. o papel crucial da cooperación internacional para que os dereitos dos nenos se fagan realidade.



Outra non pode ser a conclusión cando se sabe que na actualidade 600 millóns de nenos no mundo viven na pobreza; 250 millóns entre cinco e 14 anos traballan en países do Terceiro Mundo; 130 destes non reciben educación e outros seis millónes padecen lesións limitantes causadas polas guerras ou conflitos armados.
Cada 24 horas, oito mil 500 rapaces contaxianse coa SIDA.

domingo, 11 de noviembre de 2007




11 de novembro: SAN MARTIÑO


Xa que Pi se dedica ás "tonterías", vou poñer o toque antropolóxico a esta data.

A matanza do porco

A matanza é unha manifestación cultural e social representativa dun modo de vida. A matanza e a vendima son, hoxe, as únicas actividades comunitarias que quedan para relacionar a familiares, veciños próximos e amigos.
A través da matanza refórzanse os lazos de solidariedade e axuda, hai tempo para traballar, bromear, conversar, chismorrear e comer, mágoa que o despoboamento rural e a aparición da chamada comida rápida (hamburguesas, pizzas, etc.) están a acabar con este ritual.
A matanza é a fin da etapa de cría e ceba do porco e o comezo dunhas reservas das que vai botar man o campesiño para a súa alimentación ao longo do ano. O proceso iníciase coa cría do animal que se leva a cabo fundamentalmente nas granxas durante os tres primeiros meses de vida e logo cébase na casa ou mércase xa cebado cando acada arredor dos 100 kg de peso. O inicio das matanzas vén marcado polo San Martiño, festividade que se celebra o 11 de novembro e que foi recollido no refraneiro popular da seguinte maneira: a todo porco lle chega o seu San Martiño, que á parte de fixar a época da matanza ten unha segunda intención. Hoxe o refrán utilízase só coa segunda intención pois o cambio climático retrasou as matanzas ata a época de xeadas e frío que se produce mediado o mes de decembro.





Xornada de matanza

Para a matanza escóllese un día frío e, a poder ser, que non chova. Os máis vellos coidan que non sexa en lúa nova pois neste caso derramaríase a carne, segundo eles.
Nuns sitios o matachín é un veciño práctico, noutros é unha persoa que cobra por facer o traballo. O matachín colle o porco cun lazo amarrado polo fociño e os agarrantes cólleno polas orellas e polas patas deitándoo no banco de sangrar e inmobilízano para que o matachín espete o coitelo na base do pescozo ata que morre degolado. Dende o 95 esta forma de matar está prohibida. Utilízanse pistolas apropiadas antes de sangrar o animal.
O sangue vaise collendo nun barreño situado por baixo da ferida e, namentres cae, unha muller vaino remexendo para que non se calle.
Logo chamúscase con fachucos ata queimarlle tódalas serdas. Nalgúns sitios métese en auga ben quente, remóvese e ráspanse as serdas arrancándoas con coitelos ou raspas feitas ex profeso. Lávase ben e cólgase por un chancil para abrilo. Córtaselle a pel do abdome,ventrecha, sacando o unto e as tripas que se recollen nunha cesta para desengraxalas e lavalas. As tripas delgadas utilízanse para encher os chourizos e as gordas cómense logo de salgalas e cocidas adobándoas como o polbo ou utilízanse para facer botelos, salchichón, morcillas, androlla... Unha comida obrigada o día da matanza son as filloas feitas co sangue e fígado guisado ou fritido.




O día seguinte ó da matanza é a desfeita ou día de roxóns. A desfeita faina o matachín dándolle os demais a axuda que precise. Empézase descolgando o porco e colocándoo co lombo cara arriba. Córtaselle a cabeza, cachucha, partindo ó medio a mandíbula inferior, queixolas, logo quítanse os lacóns ou patas dianteiras, cortándolle as uñas; sácase a soá dende o pescozo ó rabo; despois faise o mesmo cos xamóns, o lombo, as ombreiras e os touciños. Todo este traballo é dirixido pola mandongueira ou muller da casa que ordena ó matachín a forma de partir o porco. O día da desfeita cómense frebas asadas ó espeto e riles guisados.
Rematado este traballo, lévase todo á salgadeira, unha sorte de caixón forte de madeira onde se cobre a carne con sal durante uns 15 días.





Dous días ou tres despois da matanza fanse os chourizos coa carne que se picou en anacos pequenos o día da desfeita, adobada con especias como o pemento, canela, ourego, sal, cebola ... formando o amoado ou zorza. As tripas delgadas énchense cunha máquina cun funil e unha panca que, por medio dun cilindro de madeira, fai baixar a masa á tripa.


Os chourizos cólganse en lareiros para afumalos no canizo e facerlles lume por baixo durante uns 10 días. Unha vez secos, gárdanse nunha vasilla con manteiga de porco, logo átase un trapo cubrindo a boca da vasilla e consérvanse moito tempo frescos.

Refraneiro popular
- Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.
- O que non mata un porquiño, non ten lacón nin touciño.
- Alegría alegote que anda o rabo do porco no pote.
- Polo San Martiño mata o teu porquiño.
- Polo San Andrés mata o porco como o tés.




Información tirada do portal educativo da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.es) realizado polo IES Monte Carrasco de Cangas



E lembremos a letra da canción de Os Resentidos:


A matanza do porcoA matanza do porco.
A berra e un conxunto de berros dun porco cando o van matar.
San Martiño oficial de Monforte ó Nepal, o magosto para agosto,
safaris do porco,
filloas de sangue, Galicia embutida: ¡Fai un sol de carallo!
¡Galicia caníbal!




E para rematar: A EXECUCIÓN DO PORQUIÑO



Podería ter posto videos reais de matanzas, que habelos hainos, pero non me atrevía a velos, e este paréceme máis divertido.Para curiosos e/ou morbosos buscade en http://es.youtube.com

TIC TAC, TIC TAC