domingo, 28 de octubre de 2007



ANIVERSARIO DE JUAN

(2ª parte)
Eu si sabía que regalarlle ó meu curmán favorito (aparte do prometido DVD): unha entrada neste blog. Pero Pi adiantóuseme.

Eu si estiven presente no soprido das candeas (enrealidade unhha cánula nun gin-tonic). Pero non había cámara de fotos para immortalizar ese momento. ¿Onde está Pi cando o precisas?

Pero coma o prometido é débeda, e aínda que digan que as segundas partes sempre son peores (agás no caso de El Padrino); aí vai a miña colaboración para a celebración do 38 aniversario de Juan.


Todo comezou un día 20 de outubro de 1.969 no desaparecido sanatorio de San Lourenzo. Aquel luns naceu un neno que recibiu o nome de Juan Ángel, en honor ó seu pai e ó seu avó.



Maio de 1971, á tenra idade de 18 meses, xunto con .... ¡Premio para quen acerte!



Juanagito, perdón, Juan crecía rodeado do amor dos seus pais, as súas irmáns e os seus curmáns. Con todos eles compartía xogos, festas ( aínda sen alcool de por medio):


Primeira Comunión de Lelo. Terraza da casa da avoa.



Tamén ía de excursión coas súas irmáns e cos seus primos:


Agosto de 1.980. Facéndolle unha visita a Fonso


E xa alí comezaba a estreitar a relación co seu primo maior:







Os anos foron pasando. O neno converteuse nun bo mozo, que era o fillo favorito, o neto preferido, o irmán máis querido ..... (sen desmerecer as súas irmáns, é que el era o único varón). Pero foi precisamente a través de Fonso que a súa vida mudou, e comezou a rodearse de xentes estrañas:

Con travestis e homes coa cabeza nos pes








Con xente violenta que non dá a cara


¡Dándolle ao porrón!


Aínda que non o pareza algúns están en panos menores



Pero un día Juan descubriu a "relixión madereira" na FINSA e a súa vida cambiou de novo. Tomou novos hábitos e aficións:
- comezou a ler "tochos" deste tipo ( de máis de 700 páxinas)



- déuselle por facerse carpinteiro e poñerse a facer mobles

- deixou a Estrella galega pola Gin inglesa, pero non lle fai desaires a un Ribera del Duero ou a un Mencía





- comezou a vestir de marca

- e tirábase ao monte a camiñar (só agardo que atopara o que andaba a buscar)





Pero non vos preocupedes demasiado, porque a súas aficións principais seguen intactas:

* as cuchipandis, ceas, churrascadas, ... e a siesta posterior




* a música en xeral, e o seu amadísimo STATUS QUO







* a súa adorada MÓNICA BELLUCCI






* e por suposto OS SEUS AMIGOS



















¡FELICES 38! (e unha semana)




Agardamos pasar contigo outros tantos




6 comentarios:

Anónimo dijo...

Andades nos biosbardos!!!!
Se Juan acaba de cumplir 38 aniños, como é posible que poñades como data de nacemento, outubro de 1968.Non será según as miñas contas outubro do 69?. De tódolos xeitos felicidades para Juan Angel de parte de Alfredo e de Mari Cruz

Blogueira dijo...

Perdoen vostedes. É que teño moitas datas na cabeza e a idade non perdoa!.
xa está corrixido.

blogueiro dijo...

otia... a pesares do erro da data de nacemento: menudencias, coma presidente deste sistema de entretemento que é a historia ista que facemos Bego e máis eu (Pi)para nos realmente -eu polo menos- (e 2 ou tres visitantes máis (fredy, rocío, lelo, eva, ovidio...))poi voulle dar a BEGO como BLOGUEIRA EN PRÁCTICAS -BECARIA... a base de euros soltos que non se sabe quen llos dará- O DOCTORADO CUM LAUDE neste marabilloso arte de encher espazos con fotos e contidos diversos.

Pois a miña querida amiga Begoña... fabulosa a entrada de JUAN!!! Sobresaínte... só falta que o raparigo vexa a homenaxe.

Estou abraiado. Noraboa, parabéns... VICEPRESIDENTA.
Un día destes voute ofrecer a sociedade empresarial con participación nos beneficios económicos. Ti sigue sorprendendo!!

XosePi: presidente (por aclamacíón e incomparecencia) de tufartufachachi.

blogueiro dijo...

Por certo, os da foto de pequenos con Juan de 18 meses, serán FONSO E MÁIS MªJESÚS???

Deduzco sobre todo pola idade, porque a verdade parecido non din con ningún deles 3!!

XPi (a ver si gaño eu un euro algún día)

Blogueira dijo...

Acepto todas as condecoracións, cargos, títulos, APORTACIÓNS ECONÓMICAS, .... e os beneficios tamén (cando os haia).[Isto podía dar puntos cara ás oposicións ¿non?]

Moitísimas grazas Pi! Así calquera se anima a poñerse ó asunto. Alégrome de que che/vos guste.

Seguirei tentando sorprender. Así que estade preparados!

Bicos a tod@s

Ah! E o premio (que eu non dixen nada de euro)é para Pi (vaillo pedindo ó mesmo que me debe os cartos)

blogueiro dijo...

ghuachi... xa teño un euro!!!

animo e síguelle dando... xa verás como engancha o rollo este.

Eu estoy desintoxicandome unha tempada!!!

apertas

TIC TAC, TIC TAC