sábado, 24 de noviembre de 2007


5º ANIVERSARIO AFUNDIMENTO PRESTIGE





O accidente do buque Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 Lugares de Interese Comunitario da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, seis zonas húmidas do convenio internacional Ramsar no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados.



Máis de 120.000 persoas víronse directa ou indirectamente afectadas no seu medio de vida (a pesca, o marisqueo, turismo...).



ADEGA a FEG e outras entidades galegas de defensa ambiental responderon coordinadamente á catástrofe do Prestige e mobilizaron todos os seus efectivos nesta tarefa, que se viu compensada pola mobilización xeral da sociedade e multiplicada polos miles de persoas voluntarias.



Case cinco anos máis tarde, o ecoloxismo destaca a importancia dos danos colaterais, tanto directos como indirectos. Valoramos positivamente a resposta ecoloxista inmediata na loita contra a contaminación e a destrución do litoral, mais criticamos a deficiente atención prestada á denuncia do modelo enerxético, económico e social que en última instancia orixinou a catástrofe.




A enorme mobilización social implicou unha maior conciencia ambiental da sociedade galega, potenciando o papel do voluntariado ambiental, pero non tivo lugar, na mesma medida, unha ampliación da base social que presta o seu apoio aos colectivos ambientalistas, persistindo a maioría das deficiencias denunciadas que fan que outro Prestige poida volver a ocorrer.






A situación actual: Cinco anos despois outro Prestige aínda é posíbel




As principais medidas que se tomaron foron as seguintes:

• Prohibición progresiva dos buques monocasco e do tránsito por augas españolas dalgúns barcos perigosos

• Aumento a 1.000 millóns de euros do Fondo de Compensacións polo vertido de hidrocarburos


• Medidas máis rigorosas para as acreditadoras de buques

• Incremento nas inspeccións en porto e dos sistemas de control, reforzando os centros de Vigo, Santa Cruz e Las Palmas de Gran Canaria

• Aprobación de dúas "Zonas Mariñas Especialmente Sensíbeis": Islas Canarias e Augas Europeas do Atlántico nororiental (incluíndo a costa cantábrica e a galega)

• Adquisición de medios anticontaminación por parte de diferentes institucións

• Aprobación de planos de continxencia nalgunhas comunidades como Cataluña, mais só en fase de desenvolvemento en Galiza.







Porén, son moitas as carencias e medidas que aínda se botan en falta. O descenso do ritmo de reformas nos últimos tempos, a medida que diminuíu a presión social e mediática, é cando menos preocupante.
Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo, xa que non se estableceron aínda medidas de carácter preventivo e medios de protección que estean, cando menos, ao mesmo nível que o risco real dunha nova catástrofe (a escaseza de medios é evidente). Galiza non posúe un Plano de Continxencias propio no que se integren todos os medios dispoñíbeis e todos os protocolos de actuación (lémbrese que a descoordinación foi un dos aspectos máis criticados da actuación das administracións nas primeiras semanas que seguiron á marea negra do Prestige). Seguen sen determinarse os “Lugares Refuxio” e os Centros de Almacenamento coa suficiente dotación de medios técnicos e humanos, e carecemos de planos de actuación acaídos e convenientemente espallados pola costa galega.



ADEGA
comparte esta lista de carencias e indica outras máis: non se construíron barreiras anticontaminación, non hai un remolcador potente nas costas galegas, non hai planos de evacuación da poboación nin protocolos médicos para paliar os efectos da contaminación, non hai mascariñas apropiadas para a extracción do fuel…



No referido á situación ambiental e ecolóxica dos ecosistemas litorais, carecemos a día de hoxe dunha valoración global da evolución ao longo destes cinco anos. É sabido que aínda fican en determinadas áreas e lugares concretos do litoral restos de fuel do vertido do Prestige, e tamén consecuencias das actuacións de limpeza, nomeadamente da hidrolimpeza (con rochas e coídos aínda non colonizados) e das infraestruturas no litoral.



No referido aos efectos tóxicos do fuel, estes seguen manifestándose maiormente nos humidais costeiros e os fondos mariños de augas someras, ecosistemas altamente sensíbeis, mentres que no plano xeral, a elevada capacidade de autodepuración e rexeneración do litoral galego considérase o principal factor paliativo, xunto coa retirada de grandes cantidades de fuel por mariñeiros, voluntarios e persoal contratado.




Valoración da situación 5 anos despois por ADEGA:
- No eido ecoloxista, a “volta á normalidade” é necesaria para atender a cantidade de problemas que tódolos días se presentan con urxencia de seren resoltos.

- Persiste unha percepción colectiva na sociedade galega de que por unha vez, foi posible mudar a realidade, e quizais se poida volver a facer. Xurdiu unha nova conciencia cidadá, crítica, comprometida e disposta á acción.

- Compre salientar o impacto no imaxinario popular, que fixo que os danos ao ambiente se converteran en algo palpábel. Hoxe en día, o Prestige é un referente cotián nas conversas, con termos como marea gris (referido ao urbanismo no litoral), o Prestige dos montes (referido á vaga de lumes), etc. Tamén é referente do positivo, na medida que a cidadanía puido intervirdirectamente na resolución do problema: pasouse do fatalismo ao activismo (temporal).

- O impacto a longo prazo está sendo silenciado, e ninguén fala xa do Prestige cando se ven as gráficas coa caída da produción de polbo dende o ano 2003, por exemplo. Non hai un seguimento transparente do impacto a longo prazo e mesmo algunhas investigacións non están sendo potenciadas.

- Non se acadou que a sociedade asumise moitas das reivindicacións ecoloxistas, sobre todo en relación a reducir a dependencia dos combustíbeis fósiles e a reducir as fontes de contaminación do mar.

- Nestes anos houbo algunhas melloras, mais temos unha serie de eivas que comparten a mesma base: falta de planificación e valentía política (o incidente do buque Ostedijk púxoo de manifesto unha vez máis).

- Carecemos dunha rede de Lugares refuxio: estas zonas deberían ser lugares do noso litoral que permitan resolver accidentes marítimos coas maiores garantías de protección do medio, deberían contar con material e persoal, etc.

- Outra grande carencia é a inexistencia de protocolos claros de actuación que indiquen que facer cun barco accidentado en función da época do ano, do tipo de carga, das condicións do mar, da zona da nosa costa onde se atope...

- Cinco anos despois temos aproximadamente as mesmas probabilidades de que aconteza outra catástrofe similar, e nun prazo de 3-5 anos volveremos a ter un accidente/incidente grave dun barco fronte ás costas galegas. Mudou a disposición da sociedade e a experiencia do ecoloxismo, e pouco máis.






3 comentarios:

blogueiro dijo...

JODER, que triste me ha puesto este post tan bien hecho...

Los malos momentos cheirando chapapote y respirando fuel. Vaya mierda. Y pensar que hubo gente que estuvo días y días enterraos en mierda negra. YO tuve la suerte de vivirlo de cerca en Lira tan solo un par de fins de semana, pero creo que fue grandioso al fin y al cabo.

Hoy vemos aquello y admiramos aún más lo sabia que es la naturaleza de nuestra amada COSTA DA MORTE.

Cuánto tiempo le quedará??

Aún tengo en mi clase los periódicos todos que guardé todos los días que duró aquella pesadilla. Hice un trabajo muy guapo con los niños de 2º que mandamos a 3 coles del proyecto COMENIUS que trabajó con nosotros: LETONIA, PORTUGAL-Portimao, ALEMANIA. Allí le mandamos, hasta un bote con arana, agua y chapapote. La oxtia.

Pues eso, Bego, que me ha tocao a estas horas, muy hasta dentro.
Me dan ganas de irme mañana hasta allá a respirar mar, algas y nordés!!!

Qué grande é a nosa terriña, e que mal a tratamos.

Unha aperta grande por encender unha vez máis a luz da información.

Supoño que polo día, entrarei de novo a ver os videos que deixei para outro momento.

Blogueira dijo...

Recoñezo que cada vez que vexo o último vídeo, entre as fotos e a música, me emociono.

Xa vexo que ti si que traballaches (alí e na clase); eu só fun ás mais ( e servín pizzas a centos o día da gran manifestación).

O máis triste desto é que pode volver pasar, e tristemente pasará. E cando isto se faga cotiá, ¿quen virá a xudarnos? ¿terá remedio?

E máis triste é ter que escoitar á xente das zonas afectadas pedindo "Outro máis" ( non hai máis que mirar as casas novas, cochazos, luxo,.. que se ven nos pobos afectados desde o 2002 cara aquí)

xose pi dijo...

otia, e verdade, que estos días na tele salían pavos de muxía que foran pescadores daquela, e un cun bar, outro cun restaurante...

Manda carallo!!!

Bo. Eu o día que pase de novo, non vou ir traballar, vou cargar un balde deses negros, e vouno tirar dentro da xunta... ou lle planto lume diante da porta.

CAbróns, logo queren que lles votemos: botalos é o que hai que facer.

Eu cando fun, nunha colaronme en Lira porque Carolina e mais eu estiveramos (ela ca cámara) sacando fotos do desastre, de cando ela estudiaba fotografía; pero o outro, foi a pe de praia, asistindo os voluntarios/as que estaban metidos no chapapote: QUE NOXO!!!.
Pero que grande é a xente que foi alá. Había quen collía merda daquela e choraba ao mesmo tempo. Iso vino eu cos meus ollos, ao final acababas abrazando a todo diós. Nunca tantos pecados se dixeron nesas praias.

Do traballo cos nenos, gardei unha copia, e creo que me saíra bastante guapo... ou a os nenos máis ben. Ata puxera unha pancarta na ventá que o prea do director me mandou quitar CAGÜENDIÓS COS CURAS!

Buf.

Ben, pois hoxe xa poiden ver os clips terroríficos, e xa estou un pouco osixenado... porque fun pola mañá ao monte a andar en bici (40km do camiño de Fisterra dende o Pedroso ata casi TApia: ahí habería tamén para facer unha boa entrada de blog cas consecuencias dos incendios de hai 2 veráns.....

NUNCA MÁIS AO LUME

Aburiño, Bego!!

TIC TAC, TIC TAC