jueves, 22 de noviembre de 2007

PARA PI


Esta entrada tan divertida e cultural é para o noso querido Director por motivos que comentarei deseguido (aparte de que porque creo que o único que le este blog aparte de min mesma):

O primeiro día, alá polo mes de setembro, pasou ao meu lado e NON me VEU( aínda que hei de recoñecer que non o saudei)


Antonte pasou ao meu carón pola rúa de San Pedro arriba, NON me VEU; saudeino e NON me OIU, así que NON me FALOU.


Para a próxima vez, vouche pegar un belisco na cacha para ver se o teu sentido do tacto anda tan ben coma os da vista e o oído!!!!!


En moitas ocasións teredes oído falar (ou visto a imaxe) dos tres monos místicos, onde cada un deles oculta coas súas mans a súa boca, oídos e ollos respectivamente.

Utilizouse en múltiples ocasións coma en anuncios, artigos de marketing ou camisas pero en realidade son unha obra de escultura de madeira no santuario de Toshogu (1636), construido en honor de Tokugawa Ieyasu, situado en Nikko, ao norte de Tokio (Xapón).

Os nomes dos monos son Kikazaru (non oe), Iwazaru (non fala) e Mizaru (non ve), que fan referencia a un xogo de palabras xaponés, xa que" saru" significa mono.

Conta a lenda, que os tres monos eran os mensaxeiros enviados polos deuses para delatar as malas accióne dos humanos cun conxuro máxico, co cal cada un tiña dúas virtudes e un defecto, e representábanse na seguiente orde:

Kikazaru

Representado como o mono xordo, era o encargado de utilizar o sentido da vista para observar a todo aquel que realizaba malas accións para transmitirllo a Mizaru mediante a voz.

Mizaru

Mizaru era o mono cego. Non necesitaba o seu sentido da vista, posto que se encargaba de levar as mensaxes que lle contaba Kikazaru ata o terceiro mono,
Iwazaru.

Iwazaru

O terceiro dos tres monos era o mono mudo, Iwazaru, que escoitaba as mensaxes transmitidas por Mizaru para decidir a condea dos deuses que lle caería ao desafortunado e observar que se cumprise.

Actualmente son oos gardians simbólicos do mausoleo de Toshogu, encargados de que ninguén interrumpa o sono do Shogun que xace na súa tumba.

(Información: emezetablog)

Despois da cultura, o TOQUE "ERÓTICO- FESTIVO" ( estas rapazas nin ven , nin oen, nin falan, nin ... ¡teñen vergonza!)


3 comentarios:

blogueiro dijo...

CACHIS, BEGO.........PROMETO QUE NON É QUE NON TE VEXA NIN TE OIGA... É QUE PAXSSSSSO DE TI!! jE, JE...

Qué va... non sei, será que ando na berza. Xeralmente, si me pillas pola rúa de san pedro, seguro que vou a toda oxtia, porque ou vou pa comer ou pa esgrima (xustísimo sempre), a non ser que me vexas o xoves as 5 e media, que ando máis relaxao!!!

Sintoo, de verdade.
O de belisco nas cachas, non é boa idea, a non ser que teñas intención de romperte unha unlla, je, je. Parto noces cas cachas!!!

En fin:
GRANDIOSO UNHA VEZ KÁIS O POST SOBRE OS TRES MONOS ESES TAN COÑECIDOS... as monas non tanto: un pouco siliconadas casi todas!!

Ale, rapasiña, ti sigue así que eu estou ao tanto dos teus progresos.

parabéns unha vez mais.

Blogueira dijo...

Ja, ja ,ja Coñeces o refrán de "Dime de qué presumes e direiche de qué careces". ¡Que sabio é o refraneiro popular!

O de que non me queres falr é unha posibilidade que sopesei, pero xa sei que es despistao por natureza. Vai preparando o cu, que eu irei deixando crecer as unllas!

blogueiro dijo...

ao mellor si o intentas... o do belisco, en serio, podeste facer dano, je, je... teño moi bos reflexos!!

Saúdiños.

Dame un berro outra vez!

TIC TAC, TIC TAC