jueves, 1 de noviembre de 2007

DÍA DE DEFUNTOS





DÍA DOS MORTOS EN MÉXICO




O ALTAR DOS MORTOS é unha parte fundamental na celebración do Día dos Mortos en México, xa que representa unha das principais e máis coñecidas tradicións da súa cultura popular. Mesmo, esta fermosa tradición está protexida pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade.


No patio interno da igrexa de Mixquic a xente do pobo coloca osos humanos non identificados atopados durante escavacións

A orixe desta celebración provén do mundo prehispánico como unha festividade das colleitas do outono, onde celebraban a abundancia dos dons da terra. Coa chegada dos españois e a fusión das tradicións católicas, esta celebración rexurdiu como Festa de Todos os Santos que se celebra o 1 de novembro, e o Día de Defuntos que se festexa o 2 de novembro. Nestes días os vivos aproveitanpara recordar e honrar aos seres queridos falecidos, quenes, segundo a lenda, teñen permiso nestes dous días para visitar ás súas familias.


A tradición máis coñecida é aquela que consiste elaborar os ALTARES DOS MORTOS onde son honrados os seres falecidos, recreando os seus gustos e praceres gozados en vida. A característica que fai única esta tradición é a certeza de que os mortos realmente regresan a este mundo a convivir cos seus familiares durante un día, departindo con eles, consolándoos e confortándoos pola súa perda.


Pero para que iso suceda é importante que se prepare o lugar onde se instala o altar cunha serie de elementos e simbolismos que darán a benvida ao falecido, e á vez, facilitarán a súa viaxe dende o máis alá.


Algúns elementos básicos que deben estar presentes nos altares, aínda que algúns mudan segundo a rexión do país e as ideoloxías e crenzas de quen o monten, son:

- o altar debe estar colocado nun lugar prominente da casa e pode facerse sobre unha repisa, consola, mesa ou chan. Pero é importante que este conte con niveis, que simbolizan os chanzos do purgatorio polos que debe pasar a ánima antes de chegar ao ceo.
- os niveis representan os estratos da existencia e poden separarse por medio de caixas de cartón ou ladrillos. Normalmente son tres niveis: o ceo, a terra e o inframundo; aínda que existen variantes.



- o altar debe estar rodeado na parte superior por un arco ou marco de carrizo adornado con flores, que simboliza a porta de entrada ao ceo.



- os catro elementos son representacións do vento (papel de china picado), o lume (cirios), a terra (as froitas,o pan ou as cinzas) e a auga (colocada nun pequeno vaso que cumpre outras funcións)


Papel picado adorna a entrada da escola Cristobal Colon. Este tipo de decoración é típico desta celebración.


- tampouco poden faltar os retratos dos defuntos, que se colocan na parte máis destacada do altar por ser os celebrados



- tamén se poden colocar imaxes das benditas ánimas do purgatorio para facilitar a saída do defunto se se atopase no purgatorio por terse portado mal


- acostúmase a situar unha pequena cruz de sal na base do altar, que representa a pureza das almas;ou unha cruz de cinza que o axudará a saír do purgatorio

- a auga ten unha gran importancia e posúe múltiples significados; un vaso de auga clara e fresca permitirá aos mortos refrescar os seus labios despois da viaxe desde o inframundo. Tamén reflicte a pureza das súas almas e o amor que por eles senten o deudo; é tamén o reflexo do ciclo continuo da rexeneración da vida e da morte, promesa de fertilidade.

- a tradicional flor de cempasúchitl é un dos elementos máis típicos dos altares, ademais de colocalas en ramos que adornan o recinto, cos seus pétalos delimítase o espazo do altar e faise un camiño que indicará a ruta aos mortos





- o inframundo é un espazo escuro e o camiño cara ao noso necesita dunha guía, para iso son as veladoras e os cirios son primordiais, prefírense as veladoras moradas (cor do loito na liturxia católica) ou brancas. Hai quen coloca no centro do altar catro cirios que indican os catro puntos cardinais. Acostúmase tamén a poñer unha veladora fronte aos retratos dos defuntos ( unha por cada foto)

- as caveiras de azucre son outro elemento básico nos altares dos mortos. Colócanse, xeralmente, xunto con outros adornos de cores. As “calaveritas” representan aos vivos e recordan de forma festiva o irremediable da morte.



- o pan representa a xenerosidade do anfitrión e a xenerosidade da terra mesma. Normalmente utilízase o pan de morto, aínda que se pode decorar con outro tipo de pans.




- moitas persoas acostuman a colocar tequila, un vaso de pulque, unha copa de mezcal ou unha botella da bebida alcohólica favorita do defunto, que indica ao morto que hai unha celebración no seu honor


- un pequeno braseiro con copal purifica o ambiente para recibir aos falecidos



- colocar a comida que era do agrado do falecido e un dos costumes máis íntimos e persoais deste festexo, e recibe o nome de “o convite”. A comida non é só para a alma do visitante senón tamén para os vivos. É costume preparar os pratiños con especial alegría e máis condimentados do normal para que os mortos poidan desfrutar da súa esencia. A comida colócase no segundo nivel do altar (no da terra)


- pódense colocar no altar prendas de vestir, artigos persoais e instrumentos de traballo propiedade dos defuntos; así como as súas lecturas favoritas, música, cigarros, e todo aquilo que amaban en vidaos adornos son moi importantes e neste punto no existen regras, xa que a arte popular mexicano produce unha interminable colección de adornos relacionados coa festividade de mortos, que varían segundo a rexión do país. Pódense atopar desde miniaturas con cadros de enterros, velorios ou cemiterios, ata figuras que representan escenas da vida cotiá con esqueletos coma personaxes











Coñecidas "Calaveras" en todo México, as rimas populares buscan, a través de frases curtas, chamar á burla a eses vivos que desesperan. Esta é unha tradición moi antiga mexicana propia do Día de Mortos. Un exemplo desas "calaveras" son:

-Cuando estés muerto, todos dirán que fuiste bueno.

-¡Cuánto me gusta lo negro, aunque me espante el difunto!

- Al diablo la muerte, mientras la vida nos dure.

- Mala yerba nunca muere . . . y si muere, ni hace falta.

- Mujeres juntas, sólo difuntas.

- No es mala la muerte cuando se lleva a quien debe.

- Piojos que en España mueren, en México resucitan.


3 comentarios:

blogueiro dijo...

ALUCINANTE EL CURRO, BEGO. Te has superao con el de Juan que también fue muy elaborao.

Es que eres filóloga.. je, je!!!

Blogueira dijo...

E que isto de que teñamos as mesmas ideas fai que agudice o inxenio. Así que me tiven que poñer a buscar outra cousa, e como me gustan eses debuxos e figuras de caveiras e esqueletos que son tan divertidos! Recórdanme ao meu querido Tim Burton e ás súas pelis de debuxos (próxima entrada!)

Anónimo dijo...

así me gusta: bo tema para publicar. Tou dacordo. A ver que atopas!!

pi

TIC TAC, TIC TAC