lunes, 19 de noviembre de 2007


PILOBOLUS


Hai 36 años Mosses Pendelton, creador e director de Momix, e Jonathan Walken fundaron o grupo Pilobolus, nome tomado dun fungo que crece nalgunhas pradeiras de EE.UU.

É a compañía de danza moderna máis recoñecida de USA. Despois de 36 anos de historia foron galardoados con innumerables premios polas súa enxeñosas coreografías, sendo unha das máis aclamadas a da Cerimonia dos Oscar deste ano. Dende a súa creación, en 1971, a compañía iniciou un camiño diferente, con propostas innovadoras que apuntaban a outro tipo de danza, allea aos cánons tradicionais. Os corpos dos sete bailaríns de Pilobolus Dance Theater, acompañados pola música, e sen maiores parafernalias escenográficas, danzan, desprázanse, suspéndense y entrelázanse coma unha soa enerxía corporal.




Con sé en Washington Depot, Connecticut, Pilobolus Dance Theatre, pasa a metade do ano de xira.



PILOBOLUS son un grupo de bailaríns que consiguen un espectáculo de ilusionismo digno de ver. Especialízanse na danza de sombras, formando coas súas escuras siluetas elementos facilmente recoñecibles.

Por primeira vez en Madrid en 4 únicas funcións no Teatro Häagen-Dazs Calderón de Madrid 19, 20, 21 Y 22 DE NOVEMBRO 2007


O programa que presentan en Madrid está composto polas pezas que, a medio camiño entre o baile e a acrobacia, crearon este ano para a gala dos Oscar.

Son tamén os responsables da campaña de nadal de Codorníu. En concreto, para o novo anuncio do cava, a compañía fixouse na "nova estética da botella", que ten 'unhas formas moi suxerentes', explicó Wolken. No anuncio poderá verse aos bailaríns formando unha arquitectura de corpos que imitarán o formato da botella.


Para mostra, uns BOTÓNS:

Anuncio para HYUNDAI




Outro para
WOLKSWAGEN






Nos
OSCAR'S 2007




E os ENSAIOS:


Agardo que vos gustase, porque a min ...

ENCÁNTAME!!!!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

meu deus... son xeniais os meu curmáns PI...LOBUS

Qué tremendo o anuncio de HIUNDAI.Encantoume o cachiño do lume e a tenda de campaña.

CAGÜENTÓ... estiven en Madrid a semana pasada, e volvo a semana que ven... aaah, pero actúan entre semana! Vaia, que sorte teñen os madrileños... ainda que pa vivir alí eu non valía!! Prefiro perderme os Pilobus e estar na miña casiña en Compostela, ca chuvia e os turistas pelegríns... sí, son un pouco aldeano.

Manda carallo, pois o de vosgswagen outra obra de arte: iso tiña que estar nos museos. Tremendo o cachiño do cabalo e máis o da árbore brotando. Qué fenómenos. que maneira de interpretar o tempo e o espacio!! E parece que son un montón deles, polo menos vendo a cantidade de brazos

joder... conté 14, creo... o 12? en lo de los oscars. La madre de diós que genialidad. Me quedo con los pingüis y con la cesta de culebras. Increíble!!!

Arte puro!!

INCREÍBLE EL CONTROL CORPORAL QUE TIENEN!

Y al final, sí que hicieron el COCKER!!

GRACIAS, BEGO... he visto la luz!!

Creo que esto sí tengo que enseñarlo en el otro lao (el lado oscuro... o el claro?). Citando las fuentes, por supuesto, como siempre!!.

Eu si fora ti... e teu irmán faría un blog propio... bego&lelo.blogspot.com
irmánsrico-1.blogspot.com

etc... eu prometo visitas a diario:
E COMENTARIOS!!!

Ou entre os tres:
OSTRESENPUNTO.blogspot.com

oueuquesei.blogspot.com

creo que podería ser máis reconfortante!!!

Pensádeo.

Por certo, Lelo xa está dao de alta, así que publique cando queira ca sua conta gmail.


xpi

Blogueira dijo...

É que nos telexornais, aparte de guerras, morte e políticos, saen novas máis simpáticas. Xa tiña visto algún anuncio destes en Youtube e sumeino coa información da tele, e saiu isto.

Alégrome de que che gusten os
Pi-lobus. Só por ver estes espectáculos estaría ben vivir na capital. É unha pena que non cheguen ata aquí (igual que o Circo do Sol), pero prefiro vivir neste "villorrio" que naquela gran urbe. Eu son Begoña, "unha rapaza d´aldea, como quen di unha ninguén" ( coma Balbino,o de "Memorias dun neno labrego")

TIC TAC, TIC TAC