domingo, 25 de noviembre de 2007

CERVEXEIRO DESDE 1989

Ola a todos, amigas e amigos, compañeiras e compañeiros, mamás e papás, cans e cadelas, ghatas e ghatos, e demáis animais de compañía.
Por se non o sabedes, son LELO.

Esta vai ser a miña primeira entrada blgueira e agardo que non sexa a última. Todo dependerá do voso interese!!! e as vosas ganas de colaborar!!!
E por suposto, para non defraudarvos, imos contar un conto de CERVEXAS


Érase unha vez moitas cervexas de todos os tipos que se preguntaron cómo estaban feitas


A cervexa é un dos produtos máis antigos da civilización. Os historiadores cren que xa existía en Mesopotamia e Sumeria no ano 10.000 a.C. En 1981 encontrouse unha tabliña de pedra que describe un tipo de cervexa elaborada en Babilonia no 6.000 a.C. Na antigüidade, os chineses tamén elaboraban cervexa, do mesmo xeito que as civilizacións precolombinas de América, que utilizaban millo en lugar da cebada. De forma semellante, na antiga Britania elaborábase cervexa a base de trigo malteado antes de que os romanos introduciran a cebada.


ELABORACIÓN DUNHA CERVEXA



Como vedes estes son varios tipos de elaboración de cervexas, dependendo do tempo de maceración dos cereais.



Houbo que esperar a Luis Pasteur para que se dera o paso final na fabricación da cervexa. Ata ese momento, os produtores de cervexa dependían da levadura natural que transportaba o aire para que se producise a fermentación. Ao demostrar que a levadura é un microorganismo vivo, Pasteur fixo posible o control preciso da transformación do azúcar en alcohol.




Xa sabedes que a min gustame moito a cervexa. O outro día viñeron un par de colegas o meu piso empezamos a falar e sen darnos conta mirade como quedou a sala e a miña habitación





Esta foi unha cativa que se xuntou a festa con nos

¿QUE HAI NUNHA CERVEXA?

Contido en vitaminas e minerais dunha cervexa lager tipo pilsen según unha análise do Instituto de Tecnoloxía Cervexeira e Microbioloxía da Universidade Técnica de Freising-Weihenstephan:

Compoñentes básicas:
• Auga: 92,02 g/100 g
• Hidratos de carbono: 28 g/litro
• Proteinas: 5 g/l
• Alcohol: 5,07 ml/100ml
• Graxa: 0
• Dioxido de carbono: 0,5 g/100g

Minerais e Vitaminas:

• Fósforo: 174 mg/l
• Potasio: 518 mg/l
• Calcio: 35 mg/l
• Sodio: 33 mg/l
• Manganeso: 0,16 mg/l
• Ferro: 0,12 mg/l
• B2 (Rivoflavina): 336 µg/l (20%CDR)
• B3 (Acido pantoteico): 1490 µg/l (25% CDR)
• B6 (piroxidina): 619 µg/l (36% CDR)
• Niacina 7738 µg/l (46% CDR)




Posiblemente a mellor cervexa do mundo (para min)





¿CAL E A FABRICA DE CERVEXA MAIS ANTIGA DO MUNDO?

Según todos os datos coñecidos, parece que a cervexería Weihensthephan (Weihenstephan Bayerische Staatsbrauerei), na cidade alemá de Freising, é a fábrica en funcionamento máis antiga do mundo.O lema incluido nas etiquetas de todas as súas botellas dio ben claro: “Desde 1040”, “A fábrica de cervexa máis antiga do mundo”. O que no seu día foi unha abadía benedictina que elaboraba cervexa, é hoxe unha cervexería que pertence ao goberno de Baviera. Ademáis, nas súas instalacións atópase a escola de cervexa máis prestixiosa do mundo, pertencente á Universidade Técnica de Munich. Tamén, nas súas instalacións se gardan os cultivos de levaduras de produtores de cervexa de todo o mundo, por se nos seus lugares de orixe ocurrise algún desastre, sempre contarían cun cultivo coas características únicas das súas cervexas


O que pode pasar se mesturas a cervexa









ESTAS SON UNHAS FOTOS DUNHAS CERVEXAS BEN TIRADAS



BUENO AMIGOS , ESPERO QUE VOS GUSTARA A MIÑA PRIMEIRA ENTRADA, ESPERO QUE NON SEA A ULTIMA,ESTAR PREPARADOS PARA ESTA SEMANA PORQUE HABRA OUTRA
DE POSTRE AI VOS VAI UN ANUNCIO DE GUINNES QUE ME REGALOU A MIÑA IRMA,ESPERO QUE VOS GUSTE


Guiness Ad - Tipping Point - ZappInternet

2 comentarios:

xose pi dijo...

sí señor... Lelorrrrrrrrr. Ghuapo o asunto. A pesares de que algunhas fotos non as vía... A da cativa que foi de visita... merda, non se vía.

Pa encher a túa habitación e sala con todo iso: moito lixo, sobre todo porque é COORS (de USA), e inda por riba LIGHT, que tes que gardar a figura.

Molón o video de guinessss. Creo que usaron o mobiliario e chatarra de todo o pobo.

Joder, a birra de trigo que me mola un mazo, está ghuapa, a de cebada, tamén...pero de MILLO?? A qué sabería iso!!!

O día que vexas ao Pasteur ese, dalle unha palmadiña na espalda da miña parte: creo que lle diron o nobel polo descubrimento da PENICILINA, pero a verdade polo da LEVADURA (LÉVEDO... que diría Bego), debíanlle de facer un monumento en cada unha das cidades cerveceiras do mundo.

Noraboa, Lelo. Fixeches un bo traballo.

Sobriños de Ribera.

xose pi dijo...

ahhh, carallo, hoxe sí que vin todas as fotos.

A habitación chea de birras: DIÓS que forte!!! A rapaza isa de visita... moi ben, tiña a falda un pouco manchada... ¿qué fixechedes???

Porcón!!!

TIC TAC, TIC TAC